domingo, 28 de agosto de 2011

Versos de Mexacáns

O que lle dixo a súa moza o “Anaqueles”,
alcume de Anastasio Queiro Apeles do lugar de
Soutullo de Mexacáns.
..

Hasme querer como eu quero.
Eiquí, alá, hoxe e onte...
baixo, enriba... preto ou lonxe,
coma eu quero... hasme querer...
O ónde, o cómo e o cando
non o sei nin ninguén sabe
pero mais cedo uu mais tarde,
¡non túa...! ¡Miña has ti ser!

¡Arreando...!
.
Tí es pequena. eu grande,
eu fosco, ti moi amable,
ti graciosa, eu detestable...
Frío, calor, auga e fogo...
Unha eres tí... Outro eu,
pero eu inferno e tí ceo,
dígoche que non hay Deus,
si os”dous”, non somos “un”... logo.
.
Día ersplendente tí es.
Eu noite fechada, escura.
Si tí monxa... fora eu cura
que eu son home e tí muller...
Tí es ovella, eu son lobo,
o meu cabelo e de toxo
que só de velo da noxo...
fervenza de ouro o teu é.

O’Xan
.

No hay comentarios: