CARBALLO
·
·
·
·
Carballo é o meu
pobo, un pobo pequeneiro que fíxose grande en
poucos anos.
Tardei vinte en volver a velo... e cando cheguei
atopeime con que habíanlle mudado de face.. Non o coñecía. Onde había unha
igrexa regalona, na que por certo, fun baptizado, érguese agora un columbario
onde celebran misas... e onde había “jlor” de Casa Consistorial de pedra dura
de canteira, hai hoxe... outro columbario, moi moderno e feituquiño, eso si...
pero non é o mesmo...
Tíñamos tamén pontes de cantería dos tempos de Isabel
II, a raiña cachonda... pero tamén trocáronos
por pontes de aceiro como os de N. York, pero non tan “a lo bestia”... ¡qué o Anllóns non é o Hudson... e non hai porqué... ¡Vamos... que éste no es mi Juan, que me lo han cambiau”!
¡Agora é unha cidade!
Hai cebras peatonais, semáforos,
polígonos industriais e Grandes superficies que é como se chaman nistes tempos
as tendas voluminosas, as que nos diciamos de “ramos generales”, no mais rancio
castellano de Valladoliz...
Ben... deixo a perorata pra outra ocasión.
Un saúdo pra o colega Osvaldo... ¡e qué Deus reparta
miragres polo Mundo!
O'Xan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario