viernes, 13 de diciembre de 2013

PERSONAXES BERGANTIÑÁNS




Rosalía Fernández Rial
AUTOBIOGRAFÍA


O personaxe que está escribindo foi inventado na primavera do 88. E, en canto chegou ao plano ficcional da realidade, decatouse de que quería ser poeta. Por iso decidiu chamarse “Rosalía” e nacer na Costa da Morte.
   
O personaxe que está escribindo interpreta o papel de Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988), unha actriz afeccionada que se licenciou en filoloxía pola USC, estudou acordeón no conservatorio de Carballo e… Si. A partir desta primeira escena, a obra podería irse desenvolvendo dun xeito lineal e sinxelo. De non ser porque o dramaturgo que a imaxinou acaba de concederlle ás súas fantasías o poder de crear. O esquizofrénico poder de crear…
  
ç Cambio de atrezzo; máscara aberta e rol sen guión. Sobre as táboas, a loucura de existir; voces na cabeza. Berros   líricos que me perseguen; gorxa de palabras con vertixe; contratempos dun jazz desordenado. Non podo. Non quero deixar de ser… Poesía!
   
Péchase a cuarta parede, comeza a funión…
  
 O personaxe que inventei está escribindo, sobre Follas de Carballo (colectivo, 2011), a música duns versos En clave de sol (2009). Acto seguido, achégase á marxe extrema do escenario e ameza ao público, soltando: Átonos (2011)! Cunha estacha de fume na man… Entón, entre os soños do vapor máxico, aparece un exército de pintores e pianistas. Os poemas van cambiando de xénero, vólvense teatrais, e protagonizan representacións polas diversas páxinas da xeografía galega (Carballo, Muxía, A Coruña, Compostela, Ribadeo…). Estrofas rodantes, que para a vindeira tempada teñen previsto dous novos espectáculos: Vinte en escena e Un mar de sensacións.
[Xaneiro, 2012]



Palabras dunha mociña
ben chamada Rosalía...
que estudiou Filoloxía
e sin medo ao orballo
quixo nacer en Carballo
e solearse en Muxía...

O’Xan


No hay comentarios: