¡Mexan por nos
e hai que dicir que chove...!
Outros din que os tempos son chegados..
pro eu, nos vexo chegar...
vexo, sí, ruxir ao mar
e
chover chuzos e cantos
pra ver logo dos quebrantos
a
moita xente... chorar...!
Vexo, “manu militari”,
as protestas acalar,
liberdades conculcadas,
e fuxindo do altar
clerigallos de arracadas
e a-i-alma de calamar...
Son os que nos dan as hostias
cando imos comulgar...
non son as hostias que Cristo
doulle aos seus, de pan candeal
son hostias que nos reventan
os fuciños... e fan mal...!
¡E todos mexan por nos
e
hai que dicir que chove!
e o carallo vintanove
foise onte pra Santa Comba
prra reventar unha bomba
berrando ¡Nena... I love!
¡E segue a chover... e chone...
pola banda de Laíño
e pola banda de Lestrove...
nas Mariñas, Bergantiños..
en Salvaterra do Miiño
en Becerreá e no Grove!
E a lúa vai nun cove...
caminiño da súa cova,
mentras ouvea a loba,
ladra o can e muxe a vaca...
Sande faise dunha estaca
pra esixir a sopa boba!
O’Xan
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario