viernes, 2 de enero de 2015

ANINOVO...






ANINOVO

E chegou o Aninovo
e atopoume en pelotas...
Estaba pulsando notas
na miña vella guitarra,
baixo as follas da parra,
mais mollado cas gaivotas...

Cando vin que era chegado
xa enxerira catro viños,
sete lonxas de touciños,
 e arremetín con doce uvas
pequeneiras e maduras
que ne deron os veciños...

Despertei ao outro día,
despois de dormí-la mona
na cidade de Girona,
onde cheguei non sei cómo,...
 si dunha besta no lomo
ou no colo da Ramona...

¡O mellor... é que estou vivo
e disposto a me enfrontar
con un ano singular,
coma será o ano quince,
se non “pateixo” un esguince
e non me fai Raxoi... chorar!

O’Xan








No hay comentarios: