sábado, 22 de mayo de 2010

¡E funme de romaría...!

.
E funme de romaría,
traxe novo e gravata
a unha festa na Miñata,
onde a xente non cabía…
E topeime cia María,
que estaba boa de ver,
e díxenlle: !Ven muller…
que teño unha fantasía…!

¿Onde me queres levar,
Xanciño das catro Pontes,
a fozar herba nos montes,
ou somentes a bailar…?

Pra o mar, meniña, pra o mar,
pra enriba da miuda area,
pra facerme unha chea
do pandeiro, che tocar…
!Fuxamos d'eiquí , María,
ímonos pra alá… a folgar…

!Ay… meu Xan das catro Pontes,,
señor de traxe e gravata,
equivocaches a gata,
ou estás fora de hora,
María, polo de agora...
!non se move da Miñata…!

Pois non sabes o que perdes,
Mariquiña dos Canedos,
nin sabes o que os meus dedos
son capaces de facer
no corpo d'unha muller
que ceda a os meus enredos.

Os dediños, mira Xan,
toca co eles a pianola,
pra eso m'amaño sola,
eu quixera algo mellor
¡un carabullo en flor
arrincado duna pola…!

.
O Xan
.

No hay comentarios: