martes, 13 de enero de 2009

Habelos, haylos...


O Conxuro

*

A San Xusto, San Cipriano
e ó mesmo santo Roque,
pregamos que o alcornoque
non v eña por Saretela
e por Vigo e Redondela
sexa onde lle dean os croques..

Que nos mire e non nos toque,
escorpión ou alacrán,
non nos morda ningún can,
e non sexamos comestos
polos lobos e nun cesto
nos enterren en Sofán..

Vaia subindo do chan
o fogo... e arda a pota,
remexamos a compota
e co azucre das mazans,
déixennos cheiros nas mans,
sen que lles quede unha gota.

E si o Alcalde da a nota,
e lle xurde eiquí un peido,
escorrentalo do eido,
por comerlle ao pan o miolo
pensar co molete é bolo,
e ser home pouco leido...

Sexan as mozas solteiras
ou sexan elas casadas,
fagan que as suas miradas
veñan a verme de c ote,
ben baixiño o escote
e de ouro as arracadas...

Si as pobres son amadas
por outros que non son eu,
espero sólo que Deus,
faga que me amen a min,
sen que o saiba o Serafin,
Pancracio ou Enmanuel,
así amarei a granel,
sexa en Sanxenxo ou Marín.
.
O Xan.
.

1 comentario:

nicasio malde dijo...

CARAÑO Xoan,a ese Conxuro,tamen apuntome eu