sábado, 29 de marzo de 2008

Cicatrices... Vellas cicatrices.. Así fumos e aínda... somos.

..
Galiza
.
Tempos idos, idos tempos…
E inmorrentes sentimentos.
Cantan outros galos hoxe…
Xa non hai tantos lamentos…
.
Istes versos foron escritos no ano 1955.
Chovía en Santiago e moito choveu desde entón acá.
Eu ía pra alén mar e estaba doído.
………...............
.

Teño unha Patria. Unha soa.
A miña Patria é Galiza…
A Galiza bendicida
que fixo pa outros a Historia.
Isa Galiza que inmola
aos propios fillos na dor,
na vergoña, na ignominia
de vivir na Emigración.
.
Teño unha Patria. Unha soa.
Galiza é a miña Patria.
A dos ríos e a das fontes,
a da saudade e morriña…
Isa Galiza que morre,
mil anos hai que agoniza,
que se angustia e que sangra
sen saber que está ferida…
.
A que lle da bo acougo
aos casteláms de Castilla,
mentras cos fillos galegos,
pasaxeiras anduriñas,
bótanse a correr os mundos,
a buscar o que non hai
¡a buscar... novas Galizas…!
.
Teño unha Patria.
¡Unha Patria moi fermosa!
En cen verdes... frorecida,
Tapizada en tenre musgo
E sarpicada de escuma...
Unha Patria tan fermosa,
Tan fidalga, tan bonita...
¡Pero Deus meu...! ¿É qué ha estar
sempre humillada e ofendida...?
.
Patria mansa... Patria muda.
Pobo afeito a non falar.
Patria onde só os ricos
Chegan a Universidad...
.
¡Galiza! ¡ Nin o teu nome
me ensinache a pronunciar...!
.
Galiza, miña Galiza,
case compasión... me das...
que ata aos teus nenos ensinas
a falares castelán...
¡ Tí... que os ensinache a eles
como haberían falar...!
.

Galiza da miña entrana,
¿cándo imos despertar?
¡Cándo, si aos teus fillos d’hoxe,
falos nacer casteláns...?
.
Xan
.
(Hoxe en Galiza, brilla mais o Sol)
.

No hay comentarios: