miércoles, 16 de abril de 2008

Mármore é... o teu corpo frío... Papeis vellos...

.
¡Mármore... é o teu corpo frío!
e tes a mnirada dura…
Es inverno… ¡ neve pura!.
Eu son... un fervente estío…
.
O meu sangue desparrama
en anceios homicidas
nas túas curvas esculpidas
polo divino cicel
o fervor dunha gran chama
que nin che enmornece a pel…
.
¡Es mármore. Es frío inverno…
e nin no fogo do inferno,
podeste queimar ti n’él…!
.
Xelo cristal de outa cume.
Deusa pentélica… Pedra…
Coa que fai migas a hedra,
mellor que o queimante lume.
.
XovenXan
.

No hay comentarios: