.
Pra o combate o guerreiro foise cedo,
munido co armamento… mais precario:
Un pasaporte, un fardo, un diario
e no corpo… medo… moito medo…
Vai dos terróns pra o cemento,
da calorciña a friaxe,
e pídelle a Deus coraxe
pra domear o sentimento.
Pasa a invisible fronteira
para dar chegado a Babel,
xa ninguén fala coma él
e non lle gusta o que cheira…
Busca traballo, en lingua xeringosa...
¡Non val mandoble contra xorda miseria!
E entón… vomita, coa gorxa ben nodosa.
Pra o combate o guerreiro foise cedo,
munido co armamento… mais precario:
Un pasaporte, un fardo, un diario
e no corpo… medo… moito medo…
Vai dos terróns pra o cemento,
da calorciña a friaxe,
e pídelle a Deus coraxe
pra domear o sentimento.
Pasa a invisible fronteira
para dar chegado a Babel,
xa ninguén fala coma él
e non lle gusta o que cheira…
Busca traballo, en lingua xeringosa...
¡Non val mandoble contra xorda miseria!
E entón… vomita, coa gorxa ben nodosa.
.
XovenXan.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario