lunes, 28 de abril de 2008

¡Muller, muuller...! Anxel terreo... (Papeis vellos...)

.
Muller, muller ánxel terreo
sutil e admirable bolboreta,
que con xeitura amable e discreta
fas do home conformado servo…

Es ti, ¡muller!, o enigma mais fermoso
que lle rouba os loores a beleza,
xeratriz da humana Natureza
que o home busca, pertinaz e ansisoso…

Es a fada dos contos infantís
e es deusa no peito namorado,
raíña e señora no fogar sagrado,
amor e ilusión nas almas xuvenís.

¡Muller, muller...! Ti es tenrura,
comprensión, calor, dita e ensono,
realidade tanxible dun divino sono,
pracer de Deus ó formar a creatura…

O teu garbo, donaire... donosura,
obríganme a rendirche ista homenaxe,
adicándoche ista humilde poesía:
¡Muller! Son escravo fidel da túa dozura…
¡Altivo servo do teu real linaxe…!
¡A miña reverencia en sinal de pleitesía!
.

XovenXan
(Orixinal en castelán)
(Traducción ó galego: VelloXan)

No hay comentarios: