viernes, 18 de abril de 2008

Gozas da miña mirada... (Papeis vellos...)

.
Gozas da miña mirada
coa túa mirada crara
promisoria de futuros,
mais de presentes… avara.
E unha atracción imantada
dos sentimentos mais puros
que abochornan os escuros
designios da canallada.

Sin querelo… es tentación,
froita en sazón que ofrece
a satisfacción da gula…
Es Penélope que tece
o tul da miña ilusión….
O que o teu corpo estimula,
a túa mirada anula
e gradúame a paixón…

Sono as noites, que istas mans,
liberadas de embelecos,
emprenden rápidas fugas,
fozando os teus recovecos,
e os meus beizos con afáns
de famentas sanguesugas.
xugan, mentras ti enrugas
a fronte. e miras… o chan.

Sono nos doces momentos
que en amorosa porfía,
fagas meu o teu segredo,
coa arroagante valentía
de femia que, sen lamentos,
arrepía do seu medo,
que só con erguer un dedo,
pode apouvigar os ventos.

XovenXan.
.

No hay comentarios: