miércoles, 9 de abril de 2008

Versos vellos... moi vellos, de cando un era xoven... moi xoven...

Homenaxe a un gran amigo, Alexandre, que se foi antes de tempo,
non sen deixar patente e ben sinalada a sua pegada
polos camiños do Mundo.
.
Do medio do Soneira farturento,
onde os ríos son arpas melodiosas,
de vellos eidos, de terras querenciosas,
de alí onde o mar, se torna truculento…

Lonxe do deserto de líquido sedento,
preto ao Fisterre de rexuras rochosas…
teu espirito tempraron fadas nosas.
na forxa do mais nobre sentemento.

Alí naciche… e tiveche por fermento
as ansias de xusticia e liberdade
de esta Galiza, esencia e basamento.

E Xusticia, Xusticia é o sacramento,
que a berros reclama a Humanidade,
pra impedirlle ós pobo o derradeiro alento
.
.
Xa
.

No hay comentarios: