lunes, 14 de abril de 2008

"O beixo" . Papeis vellos de hai moito...

.
“O beixo”
.

¡ Meus piñeirais galegos !
¡ Miñas silveiras con moras !
¡ Verde e florecido chan !
¡ Arrós d’augas faladoras…!

… Íamos os dous ben xuntos
aquela mañá ¿ t’acordas…?

¡ Xogábamos a querernos
Con verbiñas cariñosas…!

Os pinos eran columnas
Da terra ó ceo dispostas,
a pinica, estalagmitas
d’unha fantástica cova…
Os toxos, eran roseiras
e a neviña brancas rosas,
os caraveleiros, cofres
cheos de xemas preciosas…

Nos arrós as brancas fadas,
falaban das nosas vodas…

Ti, miña princesa celta,
eras fráxil e gaseosa…
unha anduriña lixeira
a voar sobor das ondas
dos arumes espallados
polas terras querenciosas…

Os teus rubidos cabelos
eran fios incandescentes,
raios de Sol refulgentes
de mañaciña gozosa…
.
¡Miráronme os verdes ollos
coa inocencia da pomba…
E dinche un bico roubado
No medio da túa boca…!

O silencio espertounos
da maxia maravillosa
d’aqueles intres de gloria.

E tornamos… paseniño,
Cara as casas da parroquia…
Os ríos repinicaban
as campaniñas con forza…
As fadas, ledas se rían
compracidas e melosas…
As rosas, entenrecidas,
femeninas e amorosas,
choraban bágoas de gozo
¡ pola gloria d’outra rosa…!

Os piñeirais bruaron…
e unha brisa escandalosa…
levou o noso segredo
po-las veigas silenciosas…

¡ Nos felices… riabamos…

O beixo fundira n’ unha
as nosas dúas persoas…


.
E ó carón da lareira,
coa calorciña das lapas,
xergón fixemos das capas
e durmimos "en entente"
e despois de tanta enchente,
pronto fumos “mama” e “papa”…

Afora empezou a choiva
a mollar… súpetamente…
.

XovenXan.
.


No hay comentarios: