A os galegos "benegatos" (BNG)
Eu dígolles: " bene-natos"
O meu lar está aló embaixo,
ten o ceo por enriba...
Si a sorte fórame esquiva,
teño alí o lume acendido,
un leito moi ben tendido
e n'el muller ben altiva.
Que si a vida e cativa,
tamén nos somos cativos,
de pensamentos furtivos
que lévannos a voar,
lambendo as ondas do mar
munha gaivota rubidos.
Ben atento-los sentidos,
naquel penedo perdido,
vexo o Mundo aterecido...
e paréceme meirande
o padecer do que apande
sen ilusións, ser nacido.
Chegado recén a vida
o regato barullento
brúa cal si fora vento
e vaise a afogar na mar,
sen tempo de retouzar
nace e morre, nun momento.
Baixo, paseniño, a costa,
pensando ca Natureza,
fai dar voltas a cabeza,
e non se fai entender…
ou moito hai que saber,
pa armarlle todalas pezas.
Xan da Ponte.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario