lunes, 10 de diciembre de 2007

Penumbras.




Fuxan os ventos
pra os milladoiros,
quérote en coiros,
coa testa ergueita
cama ben feita
por unha meiga
ceibe d'agoiros.

Os terroristas das escopetas,
os dos "macutos" con dinamita
!Virxen bendita!
!Arrédaos lonxe!
Deixa co monxe
quebre os xeonllos.
Xuren de cote os tolos de Conxo
que Napoleón
naceu en Ponllos.

Vente brilante coma unha estela,
que n´iste leito faremos paces...
Deixa aos rapaces
que fagan guerras
por catro "perras"...
Nos brincaremos por ises ceos...
Cos filisteos
tiren os tiros...
Nos cos vestidos
tapando a luz
enseñarémoslle os nosos cús
e berrarémoslles:
¡Pervertidos!

E nos voando moi lenamente
polos currunchos
do Universo,
no lombo terso
d´algún cometa,
vixilaremos que na maleta
leve o gañán pan e pernil,
e non o vil
a metralleta.

Na sáboa branca do noso leito
feita con xeito
e moito amor,
un reiseñor,
cantará a eito…
e co sorriso d´un bó rapaz,
chegará a paz…
!E todo… feito…!

Xan

No hay comentarios: